A CIG-Saúde da área sanitaria de Compostela convoca unha rolda de prensa o venres 18 de marzo ás 12:00 hs. No local sindical da xunta de persoal, para informar dunha denuncia que dende este sindicato se vai a facer a Axencia de Protección de datos, polo incumprimento da normativa ao respecto.
En data 3/12/15 esta central sindical realizou unha queixa a Xerencia de Santiago do SERGAS, na que expoñía que en todas as consultas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ( Hospital Clínico, Hospital de Conxo, Hospital da Barbanza, Hospital Gil Casares e Hospital Psiquiátrico, dende especializada, ata os centros de saúde da área sanitaria ( exceptuando o Concepción Arenal) e os Puntos de Atención Continuada, os chamamentos dos pacientes realízanse de viva voz e incluso por megafonía.
Sendo posible entón asociar a ese paciente con unha patoloxía determinada, en función da consulta na que se atope esperando.
A través desta denuncia este sindicato, instaba ó SERGAS a establecer un procedemento de disociación, que non permitise a identificación do paciente, tal e como prevé o artigo 3 da lei orgánica de protección de datos (en adiante LOPD).
Noutras Administracións, como por exemplo a Seguridade Social, ou Facenda este sistema leva anos funcionando.
Cónstalle a esta parte, que noutros centros do SERGAS, como é o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, en vez de chamar polo nome, chaman por un número de cita.