Tiempo estimado de lectura de este artículo : 1 - 2 minutos

Levamos máis dun ano pedindo, debidamente e por rexistro, documentación sobre as diversas e sucesivas empresas e autónomos contratados polo goberno local para desenvolver tarefas de limpeza nos edificios municipais e mais no colexio Vales Villamarín”

Betanzos, 3 de decembro de 2015. O BNG-Asembleas Abertas denunciou no Pleno os obstáculos que o goberno local do PSOE pon para coñecer o alcance da privatización encuberta dos distintos servizos municipais. “Levamos máis dun ano pedindo, debidamente e por rexistro, documentación sobre as diversas e sucesivas empresas e autónomos contratados polo goberno local para desenvolver tarefas de limpeza nos edificios municipais e mais no colexio Vales Villamarín” relatou o voceiro nacionalista, Henrique del Rio.

O edil recorda que a lei di que é obrigación do goberno dar acceso á documentación nun prazo máximo de cinco días, mais explica que esta solicitude leva reiterándoa durante máis dun ano infructuosamente. “Cando nos presentamos no negociado de contratación para requerila, informóusenos que non hai nada tramitado sobre esta privatización encuberta do servizo” explica.

Por este motivo, desde o BNG-Asembleas Abertas demandaron ao goberno local que informe sobre o custo da privatización encuberta do servizo de limpeza das dependencias municipais. Tamén demandan que se explique “por que estes contratos non figuran no negociado de contratación” e quen, se non é este servizo municipal, se encarga de tramitar estas contratacións.

O PSOE énchese a boca falando de transparencia e participación, pero á hora da verdade compórtase de forma totalmente contraria”, indica o voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Henrique del Río. As nacionalistas tiveron que denunciar ao goberno local ante o Valedor do Pobo no anterior mandato precisamente a causa dos numerosos obstáculos que o PSOE pon ao control da acción do goberno por parte da oposición. “A resposta que lle deu o alcalde ao Valedor era que pediamos documentación e información sobre as súas actuacións só por entorpecer o traballo do goberno”, censuran desde o BNG-Asembleas Abertas.{jcomments on}

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +

La desinformación,también llamada manipulación informativa o manipulación mediática,[2] es la acción y efecto de procurar en los sujetos el desconocimiento o ignorancia y evitar la circulación o divulgación del conocimiento de datos, argumentos, noticias o información que no sea favorable a quien desea desinformar @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +