Tiempo estimado de lectura de este artículo : 1 - 2 minutos

O Concello de Ames será o primeiro organismo público no que o grupo de investigación de Psicoloxía Comercial, Comportamento do Consumidor, Estudos de Opinión e Márketing Interno e de Servizos da USC, baixo a supervisión do catedrático Jesús Varela Mallou, porá en práctica real o seu Modelo de Xestión de Transparencia.
Para levar a cabo este proxecto, o reitor Juan Viaño, o alcalde do Concello de Ames José M. Miñones Conde, e o director xeral da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro Pérez, asinaron este venres en San Xerome un contrato administrativo que permitirá que o grupo da USC elabore a diagnose e implante esa metodoloxía no concello.
Coa fin de dar resposta á necesidade de construír un modelo de implantación da Lei de Transparencia, o grupo da USC desenvolveu unha metodoloxía que ademais de medir permite xestionar a de institucións públicas e en xeral calquera outra que poida ser obxectivo da nova normativa. 
En concreto, a metodoloxía ideada na USC permite implantar unha cultura de transparencia levando a cabo procesos de auto-avaliación a través dunha ferramenta propia de diagnose e que, no caso de cumprir os requisitos da lei, leve a solicitar a certificación e acreditación mediante o selo ‘Concello Comprometido coa Transparencia’. 
O alcalde puxo de releve no acto a necesidade dunha cultura de transparencia, tanto externa como interna, “que non só supoña trasladar información á cidadanía senón ademais establecer unha comunicación fluída con ela”. Neste punto coincidiu o profesor Varela, para quen a Lei “non é un obxectivo senón un punto de partida para comezar coa boa gobernanza dos organismos públicos”. “ Trátase –dixo– de que serva para avanzar nunha reorganización da información para promover a participación real da cidadanía”. A propia metodoloxía ideada na USC pretende contribuír á implicación do persoal que traballa nas administracións e xerar así dinámicas que redunden nunha mellora da xestión pública

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +

La desinformación,también llamada manipulación informativa o manipulación mediática,[2] es la acción y efecto de procurar en los sujetos el desconocimiento o ignorancia y evitar la circulación o divulgación del conocimiento de datos, argumentos, noticias o información que no sea favorable a quien desea desinformar @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +