Tiempo estimado de lectura de este artículo : 2 - 3 minutos

O grupo municipal de Ourense en Común denuncia ocultación  de información sensible como pregos de contratación para concursos públicos, facturas e outros. Case dous meses sen resposta para acceso e vista ao expediente de Axuda no Fogar e sen información dos gastos da corporación municipal a FITUR.

Coa constitución da nova corporación no mes de xuño de 2015 e a chegada ao goberno municipal do Partido Popular, as competencias en materia de contratación dependen da concelleira Dª. Isabel María Castelo Villanueva xunto coas áreas de Turismo e Termalismo, Compras, Suministros e Formación Ocupacional. Dende Ourense en Común denuncian que malia a isto “o obrigado rendemento de contas da acción de goberno nesta materia  quedou integrada dentro da Xunta de Área de Facenda e Servizos Xerais á que non asiste a concelleira responsable de contratación nin como presidenta nin como vogal”.

Esta situación aparece contemplada no marco regulamentario, pois non é de obrigado cumprimento a presenza física da persoa responsable de cada área. Agora ben, dende Ourense en Común denúnciase que “é o propio marco regulamentario do Concello de Ourense o que  esixe o rendemento de contas ordinario. Se non é na voz da responsable de área debe ser pola  presidenta da propia xunta, neste caso Dª. Ana María Fernández Morenza, ou mediante comunicación escrita. Procederes ambos incumpridos en reiteradas ocasións”.  

A organización municipalista informa que dende o 21/07/2015 ata o 22/12/2015 celebráronse un total de 24 Xuntas de Área de Facenda e Servizos ás que a concelleira delegada da área de contratación, Dª. Isabel María Castelo Villanueva, asistiu só unha vez como aparece recollido na acta do 27 de outubro de 2015. Dende esta data ata a actualidade non se ten prestado información algunha sobre a acción de goberno en materia de contratación, acumulando preguntas e solicitudes de información por parte dos diferentes grupos da oposición. Requirimentos que aumentaron no primeiro trimestre do ano e que céntranse a día de hoxe na negativa de aportar os gastos da corporación municipal a FITUR ou permitir o acceso e vista ao expediente de Axuda no Fogar (solicitado por rexistro por Ourense en Común a inicios deste ano 2016).

“A inexistencia de canles de información directa para unha correcta labor de fiscalización e control da acción de goberno por parte dos grupos da oposición, impide coñecer en que estado se atopan contratos pendentes ou concesións en precario. Proceder que mantén no escurantismo un área de goberno nodal no que a transparencia e loita contra a corrupción se refire pois concentrou un grande número de requirimentos policiais no pasado.”

 

                                               Concelleiro de Ourense en Común Martiño Xosé Vázquez

ANEXO: Actas das Xuntas de Área onde se pode comprobar a reiterada petición de documentación e ocultación da mesma.

https://www.dropbox.com/sh/mxpe7q4f2urb81c/AABs-DJoocD982rbuJKuLVoDa?dl=0

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +

La desinformación,también llamada manipulación informativa o manipulación mediática,[2] es la acción y efecto de procurar en los sujetos el desconocimiento o ignorancia y evitar la circulación o divulgación del conocimiento de datos, argumentos, noticias o información que no sea favorable a quien desea desinformar @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +