Acceso Socios Red Transparencia.     Unirme a AyTP  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Acceso a Socios (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Unirme desde la Web (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Contacto (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Pedir Información (+)  -  
Tiempo estimado de lectura de este artículo : 2 - 4 minutos

En aplicación da Lei de Transparencia e Bo Goberno, a Xunta de Galiza ven de crear na súa web o Portal da transparencia e goberno aberto. Nun tema tan importante como é a transparencia no sector público, o rigor e a seriedade no tratamento dos datos resulta fundamental. No camiño de acadar a máxima transparencia o que non cabe é a manipulación e a información sesgada no tratamento dos datos.

Neste senso, no apartado Actividade Sindical do citado portal, a información facilitada referente aos costes económicos que, segundo a administración, orixinan os liberados e liberadas sindicais é un burdo exemplo de manipulación malintencionada dos datos. Estase a transmitir unha idea errónea de que a actividade sindical supón un coste extra para a administración, cando é algo rotundamente falso.

Na administración galega ningún delegado/a sindical cobra por exercer funcións sindicais. O salario que percibe cada un deles/as é o salario que lles corresponde polo seu traballo como empregados públicos. Nin máis nin menos. Non existe incremento de gasto ningún. En aras dunha transparencia real e efectiva, a administración galega ten a obriga legal de dar unha información clara, concisa e real.

Do contrario, o que está a facer é contribuir á criminalización da actividade sindical, poñendo aos delegados/as sindicais e aos propios sindicatos no punto de mira da opinión pública.

Dende a CIG esixímoslle á administración galega o máximo rigor e seriedade en aras de ofrecer unha transparencia real e verdadeira.

O artigo 10.C da citada Lei de Transparencia di literalmente:

c) Os permisos para a realización de funcións sindicais, liberados e liberadas sindicais tanto de carácter institucional como as dispensas sindicais, distribuídos segundo relación nominal de persoas e organizacións sindicais ás que están vinculados, así como todos os custes que estas orixinan.

Crédito horario total que ten cada organización sindical e a súa distribución segundo relación nominal de persoas, así como todos os custes que estas orixinan.

O 8 de febreiro de 2013 a Administración asinou un acordo de dereitos sindicais coas organizacións sindicais.

Para un ámbito de case 90.000 empregados públicos e co fin de levar adiante a obriga de representación e negociación que impón o Estatuto básico do empregado público, a lei de función pública, e agora a Lei do emprego público de Galiza, a Administración e as Organizacións sindicais acordan un total de 150 dispensas sindicais asociadas aos titulares de mesas de negociación en todos os ámbitos (Administración Xeral, SERGAS, Ensino e Xustiza).

MESA XERAL DE EMPREGADOS PUBLICOS 15

MESA XERAL DE FUNCIONARIOS 15

MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS 15

MESA SECTORIAL DO SERGAS 15

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA 10

MESA SECTORIAL DE DOCENTES 15

COMISION DE PERSOAL 4

COMITE INTERCENTROS PERSOAL LABORAL 13

MESA SERGAS 24

DISPENSAS PARTICIPACION 24

TOTAL 150

E dicir unha rateo de 1 liberado por cada 600 empregados públicos.

Polo tanto hai 150 liberados e 692 delegados sindicais con horas, tal e como marca a Lei orgánica de liberdade sindical e o estatuto dos traballadores.

Sobre o custe deste persoal dicir que é cero, porque esteamos en funcións sindicais ou non a Xunta nos ten que pagar o noso salario e aparece nos Orzamentos Xerais.

O único custe sería a substitución das persoas liberadas, pero isto non se fai.

Da nova publicada por nós hai 3 anos, ISTO SI QUE É TRANSPARENCIA, onde poñemos os datos dos 11 liberados institucionais da CIG-Autonómica, só 3 temos substituto:

http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas/novas-nacionais/outras-informacions-e-conflitos-xerais/1716-si-temos-liberados

A Xunta o que non fai nin quere facer e poñer a relación de persoas coas horas da que dispoñen. No seu lugar, mete a todos e todas as delegadas e delegados no lote de liberado/a a tempo completo independentemente do crédito horario dispoñíbel a cada un (10 horas, 20, 30 ..). Tampouco quere a Xunta poñer o custe por cada delegado facendo unha falsa estimación.

Concluíndo:

Na Xunta para un ámbito de 90.000 empregados hai 150 liberados institucionais e 692 delegados sindicais.

O custo da substitución deste persoal a Xunta non o quere reflectir e nós estimamos que non é nin a décima parte do que aparece reflectido.

Por outra banda, nós somos partidarios de que aparezan todos os datos dos representantes sindicais, delegados e liberados, co posto de traballo, as horas sindicais que teñen, e os salarios, así como quen está substituído e non.

Encuentranos en;  Abegondo  Ames  Arteixo  Arzúa  Bergondo  Betanzos  Boimorto  Boiro  Boqueixón  Cabana de Bergantiños  Camariñas  Cambre  A Capela  Carballo  Cariño  Carnota  Carral  Cee  Cerceda  Corcubión  Coristanco  A Coruña  Culleredo  Dumbría  Fene  Ferrol  Frades  A Laracha  Laxe  Malpica de Bergantiños  Melide  Monfero  Muros  Narón  Noia  Oleiros  Ordes  Oroso  Outes  Ponteceso  Pontedeume  As Pontes de García Rodríguez  Rianxo  Ribeira  Rois  Santa Comba  Santiago de Compostela  Sobrado  Teo  Valdoviño  Vimianzo  Abadín  Baleira  Becerreá  Burela  Castroverde  Cervo  Chantada  Folgoso do Courel  Foz  Friol  Lugo  Monforte de Lemos  Navia de Suarna  Ourol  O Páramo  Portomarín  Ribadeo  Sarria  Sober  O Vicedo  Vilalba  Viveiro  Beariz  Os Blancos  O Carballiño  Cartelle  Cenlle  Cortegada  Lobios  Melón  A Merca  Oímbra  Ourense  A Pobra de Trives  Ribadavia  Rubiá  Sandiás  Vilar de Barrio  Vilariño de Conso  Xinzo de Limia  Xunqueira de Ambía  Agolada  Arbo  Baiona  Barro  Bueu  Caldas de Reis  Cambados  Campo Lameiro  Cangas  A Cañiza  Carballedo  Catoira  Cuntis  A Estrada  Forcarei  O Grove  A Guarda  A Illa de Arousa  Lalín  A Lama  Marín  Meaño  Meis  Moaña  Mondariz  Moraña  Mos  As Neves  Nigrán  Oia  Poio  Ponteareas  Ponte Caldelas  Pontevedra  O Porriño  Redondela  Rodeiro  O Rosal  Salvaterra de Miño  Silleda  Soutomaior  Tomiño  Tui  Valga  Vigo  Vilaboa  Vila de Cruces  Vilagarcía de Arousa  Vilanova de Arousa  Buscar otras localidades de Galicia...(+)