Acceso Socios Red Transparencia.     Unirme a AyTP  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Acceso a Socios (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Unirme desde la Web (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Contacto (+)  -    Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia.  Pedir Información (+)  -  
Tiempo estimado de lectura de este artículo : 1 - 2 minutos

O Concello de Ames será o primeiro organismo público no que o grupo de investigación de Psicoloxía Comercial, Comportamento do Consumidor, Estudos de Opinión e Márketing Interno e de Servizos da USC, baixo a supervisión do catedrático Jesús Varela Mallou, porá en práctica real o seu Modelo de Xestión de Transparencia.
Para levar a cabo este proxecto, o reitor Juan Viaño, o alcalde do Concello de Ames José M. Miñones Conde, e o director xeral da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro Pérez, asinaron este venres en San Xerome un contrato administrativo que permitirá que o grupo da USC elabore a diagnose e implante esa metodoloxía no concello.
Coa fin de dar resposta á necesidade de construír un modelo de implantación da Lei de Transparencia, o grupo da USC desenvolveu unha metodoloxía que ademais de medir permite xestionar a de institucións públicas e en xeral calquera outra que poida ser obxectivo da nova normativa. 
En concreto, a metodoloxía ideada na USC permite implantar unha cultura de transparencia levando a cabo procesos de auto-avaliación a través dunha ferramenta propia de diagnose e que, no caso de cumprir os requisitos da lei, leve a solicitar a certificación e acreditación mediante o selo ‘Concello Comprometido coa Transparencia’. 
O alcalde puxo de releve no acto a necesidade dunha cultura de transparencia, tanto externa como interna, “que non só supoña trasladar información á cidadanía senón ademais establecer unha comunicación fluída con ela”. Neste punto coincidiu o profesor Varela, para quen a Lei “non é un obxectivo senón un punto de partida para comezar coa boa gobernanza dos organismos públicos”. “ Trátase –dixo– de que serva para avanzar nunha reorganización da información para promover a participación real da cidadanía”. A propia metodoloxía ideada na USC pretende contribuír á implicación do persoal que traballa nas administracións e xerar así dinámicas que redunden nunha mellora da xestión pública

Encuentranos en;  Abegondo  Ames  Arteixo  Arzúa  Bergondo  Betanzos  Boimorto  Boiro  Boqueixón  Cabana de Bergantiños  Camariñas  Cambre  A Capela  Carballo  Cariño  Carnota  Carral  Cee  Cerceda  Corcubión  Coristanco  A Coruña  Culleredo  Dumbría  Fene  Ferrol  Frades  A Laracha  Laxe  Malpica de Bergantiños  Melide  Monfero  Muros  Narón  Noia  Oleiros  Ordes  Oroso  Outes  Ponteceso  Pontedeume  As Pontes de García Rodríguez  Rianxo  Ribeira  Rois  Santa Comba  Santiago de Compostela  Sobrado  Teo  Valdoviño  Vimianzo  Abadín  Baleira  Becerreá  Burela  Castroverde  Cervo  Chantada  Folgoso do Courel  Foz  Friol  Lugo  Monforte de Lemos  Navia de Suarna  Ourol  O Páramo  Portomarín  Ribadeo  Sarria  Sober  O Vicedo  Vilalba  Viveiro  Beariz  Os Blancos  O Carballiño  Cartelle  Cenlle  Cortegada  Lobios  Melón  A Merca  Oímbra  Ourense  A Pobra de Trives  Ribadavia  Rubiá  Sandiás  Vilar de Barrio  Vilariño de Conso  Xinzo de Limia  Xunqueira de Ambía  Agolada  Arbo  Baiona  Barro  Bueu  Caldas de Reis  Cambados  Campo Lameiro  Cangas  A Cañiza  Carballedo  Catoira  Cuntis  A Estrada  Forcarei  O Grove  A Guarda  A Illa de Arousa  Lalín  A Lama  Marín  Meaño  Meis  Moaña  Mondariz  Moraña  Mos  As Neves  Nigrán  Oia  Poio  Ponteareas  Ponte Caldelas  Pontevedra  O Porriño  Redondela  Rodeiro  O Rosal  Salvaterra de Miño  Silleda  Soutomaior  Tomiño  Tui  Valga  Vigo  Vilaboa  Vila de Cruces  Vilagarcía de Arousa  Vilanova de Arousa  Buscar otras localidades de Galicia...(+)